Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xuño de 2016

O alcalde destaca na entrega dos premios do concurso Picasso Coruñés, que "esta cidade pode dar moitas e moitos máis xenios se somos conscientes da importancia que ten a educación pública de calidade"

Xulio Ferreiro presidiu este evento, que tivo lugar no IES Eusebio da Guarda, no que indicou que “a cidade desaproveitaría unha oportunidade se non se vinculase á figura de Picasso, do mesmo xeito que desaproveitaría unha oportunidade enorme se non apostase pola formación”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presidiu na tarde deste venres o acto de entrega de premios aos e ás gañadoras da III edición do Concurso de Debuxo Picasso Coruñés, convocado pola Asociación da Prensa da Coruña en colaboración co Concello. Durante o acto, o rexedor comento que o mundialmente recoñecido pintor, que pasou parte da súa infancia na Coruña "é un dos orgullos desta cidade". "Desaproveitariamos unha oportunidade enorme se non vinculasemos a súa figura, de renome internacional, ao da cidade, do mesmo xeto que desaproveitariamos unha enorme oportunidade se non apostásemos por todos e todas vós, e se non apóstásemos pola vosa formación", indicou, dirixíndose cara aos e ás menores participantes. "Cando apostamos pola educación, estamos investindo no futuro da nosa cidade e do noso pobo. Teñamos altura de miras. Picasso estivo aquí a finais do século XIX, e aquí comezou a forxar a súa historia pero, esta cidade aínda pode dar moitas e moitos máis xenios, moitos máis picassos. O fará se somos conscientes todos e todas da importancia que ten a educación e o fomento da cultura dende a escola. O fará se nos consolidamos como cidade de vangarda", destacou o primeiro edil.

"O deber e o compromiso das administracións é traballar todos os días para que os veciños e as veciñas do futuro sexan reflexo dunha cidade máis humana e máis pública. Máis xusta e vivible. Unha cidade activa e culta", reflexionou.

O obxectivo desta certame, aberto á participación de estudantes de toda Galicia de 3º a 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO, era que os e ás escolares recreasen os periódicos que Picasso realizou durante a súa etapa na cidade. Un total de 13 estudantes (dez rapazas e tres rapaces) obtiveron galardón.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión