Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de febreiro de 2016

O alcalde explica, tras a Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que “A Coruña traballa e está presente nestes foros para manter o seu peso como cidade de referencia”

O máximo órgano de dirección da entidade conformada por concellos de Galicia e do Norte de Portugal aprobou a colaboración co Concello coruñés para impulsar dous proxectos de sostibilidade

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou este luns na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, organismo do cal o concello forma parte e no que o rexedor ocupa un posto de vogal na Comisión Executiva. Tras xuntanza desta xornada, que tivo lugar en Santa María da Feira (Portugal), o primeiro edil coruñés indicou que “a presenza da nosa cidade neste tipo de foros é fundamental para manter o seu peso como cidade de referencia atlántica”, motivo polo cal o Goberno local traballa especialmente neste eido.

Na reunión da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico --na que estiveron presentes representantes da maioría dos concellos que conforman este organismo, así como numerosos alcaldes e alcaldesas e o ministro luso de Infraestruturas, Pedro Marques-- analizáronse diversas propostas á fin de conseguir dispoñer dunha conexión ferroviaria “rápida e axil” entre A Coruña e Lisboa.

Por outro lado, a asemblea acordou traballar para a Comisión Europea “mellore os procedementos de xestión dos fondos europeos en xeral e dos fondos de cooperación en particular”, así como participar de xeito activo nos procesos de decisión do orzamento comunitario 2020-2027 para posibilitar “que se manteñan e incrementen os fondos para a cooperación e a política urbana”.

Ademais, o máximo órgano de dirección do Eixo Atlántico acordou “monitorizar o cumprimento de prazos e condicións para a finalización das tarifas de roaming e o seu efecto nos territorios de fronteira”, e deu luz verde ao informe de balance de xestión económica da entidade correspondente ao ano pasado, así como aos proxectos e programas para o presente exercicio.

A este respecto, a Asemblea ratificou o acordo acadado o pasado mes pola Comisión Executiva do Eixo polo que o organismo acorda colaborar en proxectos de varios concellos membros --entre eles A Coruña--, que promoven a sostibilidade medioambiental. En concreto, prestará apoio no seguimento, implantación e busca de financiamento de dous programas do Goberno local que teñen que ver coa Estratexia contra o Cambio Climático e o Plan de Acción de Festas Sostibles.



 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión