Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2017

O alcalde reivindica os bos índices da Coruña na recuperación de envases e chama a desbloquear o convenio necesario para as obras de mellora pendentes na planta de Nostián

Ferreiro participou esta mañá no acto polo IV aniversario da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, da que salientou o seu labor na sustentabilidade ambiental

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, chamou este xoves á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a desbloquear o convenio pendente de formalizar entre o Concello da Coruña, Ecoembes -a asociación que aglutina as empresas envasadoras de produtos a nivel estatal- e Albada que resulta necesario para poder acometer as obras necesarias na planta de Nostián para mellorar a recuperación de envases. Para impulsalo, é preciso que a Xunta convoque a comisión de seguimento e, como advertiu o rexedor, os meses de atraso nese están a supoñerlle ao Concello e ao Consorcio das Mariñas unhas perdas mensuais superiores aos 100.000 euros, derivadas da redución dos ingresos acordadas pola Xunta con Ecoembes pola recuperación desta clase de residuos; unha baixada que a Xunta prevía compensar coas obras na planta -a través dun investimento de 600.000 euros- para mellorar a porcentaxe de recuperación. "Estamos esperando pola Xunta e pola Consellería de Medio Ambiente para que o desbloqueen", indicou Ferreiro.

O alcalde participaba esta mañá no castelo de Santa Cruz no acto 'Construíndo un futuro sostible' polo IV aniversario da constitución da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, entidade da que salientou o seu labor  arredor da sustentabilidade do territorio e da que A Coruña, incidiu, é "un socio importante", pese a non formar parte do ente como tal. "Os valores ambientais ou de promoción turística que a Reserva da Biosfera representa, e que atraen riqueza sostible e visitantes á nosa comarca, son valores que tamén desde o Concello da Coruña estamos a coordinar", salientou o rexedor, facendo referencia ao "coidado ambiental que o Goberno local está poñendo en todas as políticas". Neste sentido, volveu aludir á recuperación e xestión dos residuos sólidos urbanos, "onde estamos conseguindo porcentaxes de recuperación superiores a calquera outra cidade galega". "Sería bo que nestas políticas ambientais contásemos cun apoio máis decidido da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente", valorou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión