17 de xullo de 2015
A proba, que contará con 350 participantes, comezará ás 10.00 horas no aparcadoiro do Centro Cívico.
Este domingo terá lugar a no barrio de Novo Mesoiro primeira edición do Brigantia Trail Concello da Coruña. A modalidade de trail refírese a carreiras que transcorren en plena natureza por camiños, sendeiros e pistas e a pesar de ser unha modalidade relativamente nova conta con gran cantidade de adeptos. Nesta ocasión será un primeiro trail da cidade a un paso da mesma, xa que partirá do Centro Cívico de Novo Mesoiro.
A carreira, organizada polo Clube Brigantia Aventura coa colaboración do Concello da Coruña, constará de dúas modalidades, trail longo e trail curto, de 24 e 12 km. respectivamente. Serán catro as categorías da proba na que participarán 350 deportistas: masculino absoluto (dende os 18 anos até os 44 anos), feminino absoluto (desde os 18 anos até os 44 anos), veterano masculino (a partir dos 45 anos) e veterano feminino (a partir dos 45 anos). Haberá premios para as e os tres primeiros clasificados de cada categoría, así como agasallos e sorteos para todos os participantes.
A saída da proba será as 10.00 horas no aparcadoiro do Centro Cívico, mentres que o peche será ás 14.00 no mesmo espazo. A apertura de secretaria será ás 8 da mañá, e a recollida de dorsais poderá efectuarse desde entón até as 9.30 horas. Este primeiro Brigantia Trail Concello da Coruña é unha oportunidade única para descubrir esta modalidade na cidade, xa que contén todo os alicientes para cubrir as expectativas tanto de iniciados coma de expertos.
Pode descargar os planos de saída e meta a continuación.
Documentos relacionados

2 de decembro de 2025

30 de novembro de 2025

27 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible