Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de maio de 2025

O barrio de Novo Mesoiro contará cunha nova fonte lúdica, que suporá un investimento de 130.000 euros

A fonte, que se instalará na contorna do parque da Tirolina, será o primeiro equipamento deste tipo na cidade da Coruña

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a saída a concurso das obras necesarias para crear unha nova fonte lúdica en Novo Mesoiro, que suporá un investimento de 130.000 euros. Será o primeiro equipamento deste tipo na Coruña.

"O Concello está comprometido co barrio e, con esta actuación, responderemos a unha solicitude da veciñanza de novas estruturas de ocio", indicou Rey, que lembrou que xa está aprobada tamén a construción dun novo espazo de ocio urbano en Novo Mesoiro, que recibiu luz verde da Xunta de Goberno Local este mesmo mes e que xa saíu xa a licitación.

No caso específico da fonte, o equipamento estará situado preto da área infantil do barrio, nas áreas axardinadas do parque da Tirolina, tras os bloques residenciais da avenida principal.

Unha vez se adxudiquen os traballos, serán catro os meses previstos para a súa execución.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión