Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xuño de 2026

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas sitúa a Coruña no epicentro do hóckey sobre patíns

A competición reunirá durante a fin de semana na cidade a seleccións de diferentes comunidades autónomas nunha das principais citas do calendario estatal

A Coruña converterase esta fin de semana nun dos principais centros do hóckey sobre patíns estatal coa celebración do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, unha das citas máis destacadas do calendario nacional desta modalidade deportiva.

A competición reunirá a seleccións de diferentes comunidades autónomas, que competirán durante toda a fin de semana nun evento que permitirá ver na pista a algunhas das mellores promesas do hóckey sobre patíns estatal tanto na categoría masculina como na feminina.

A celebración deste campionato reforza a vinculación histórica da Coruña con esta disciplina deportiva, unha modalidade cunha fonda tradición na cidade e cun destacado arraigamento grazas ao labor desenvolvido durante décadas polos clubs e entidades deportivas.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou a relevancia da cita para a cidade. "A Coruña volverá ser esta fin de semana unha referencia para o hóckey sobre patíns coa celebración dunha das competicións máis importantes do calendario estatal", sinalou.

A coincidencia deste campionato chega ademais nun momento especialmente relevante para o hóckey sobre patíns coruñés, xa que o Deportivo Liceo disputará esta fin de semana en Igualada unha cita decisiva na loita polo título da OK Liga. Manuel Vázquez acompañará á expedición liceísta nunha fin de semana marcada polo protagonismo desta modalidade deportiva.

Torneo Internacional Compañía de María

Coincidindo coa celebración do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, a cidade acollerá tamén unha nova edición do Torneo Internacional Compañía de María, unha cita xa consolidada no calendario do hóckey sobre patíns de base.

O torneo reunirá a clubs procedentes de diferentes territorios nun encontro que combina competición, convivencia e intercambio deportivo, favorecendo a formación dos mozos e mozas deportistas e reforzando os vínculos entre entidades de distintos lugares.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión