Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de marzo de 2026

O CEIP Curros Enríquez organiza a actividade Enki no barrio coa participación de cinco centros educativos

A iniciativa fomenta a inclusión, a participación infantil e o deporte adaptado, así como a convivencia e os hábitos saudables entre o alumnado

O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, participou esta mañá no CEIP Curros Enríquez na xornada Enki no barrio, un evento organizado polo propio centro en colaboración con Enki, orientado a fomentar os valores da inclusión, a convivencia e a participación entre o alumnado.

A actividade, celebrada no Campo de Marte, contou coa participación de cinco centros educativos do barrio: CEIP Víctor López Seoane, CEIP Cidade Vella, CEIP Zalaeta, CEIP Torre de Hércules e o propio CEIP Curros Enríquez, organizador da proposta.

Durante o acto, púxose en valor o compromiso da comunidade educativa co desenvolvemento de proxectos que promoven hábitos saudables e reforzan a cohesión social desde as idades máis temperás, nunha experiencia de inclusión e deporte compartida co alumnado doutros centros do barrio.

A xornada responde á vontade do centro de compartir esta iniciativa coa contorna educativa próxima, promovendo a colaboración entre colexios e a participación do alumnado en actividades inclusivas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión