Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2024

O Centro Cívico de Santa Margarida acolle este martes un evento sobre a transformación urbana da Sagrada Familia

Terá lugar a partir das 16.30 horas e contará con relatorios de expertos en sostibilidade urbana xunto cunha visita guiada ao parque de Santa Margarida da man do equipo de Educación Ambiental

O vindeiro martes 28 de maio, a partir das 16.30 horas, o Centro Cívico de Santa Margarida acollerá un novo evento no marco do proxecto europeo URBACT COPE, que poñerá o foco na importancia da naturalización urbana no barrio da Sagrada Familia

O evento contará con relatorios de expertos no campo da sostibilidade urbana. José Anta Álvarez, da Universidade da Coruña (UDC), impartirá unha charla sobre Sistemas Urbanos de Drenaxe Sostible (SUDS) e como estas solucións poden reducir inundacións, mellorar a calidade da auga e crear hábitats urbanos. Ademais, Carlos Otero Esmorís, membro do Grupo Local URBACT e monitor de Hortos Urbanos do Concello da Coruña, compartirá a súa visión sobre como as fachadas e cubertas verdes poden reducir o efecto illa de calor, mellorar a biodiversidade e crear espazos verdes na cidade.

Ademais, a xornada completarase con actividades na contorna do parque de Santa Margarida. Destaca a visita guiada da man do equipo de Educación Ambiental do Concello da Coruña, sobre aspectos como a biodiversidade, os servizos ecosistémicos e os elementos históricos. O evento culminará cunha sesión participativa de planificación para definir estratexias que impulsen a naturalización do barrio da Sagrada Familia. 

A xornada é aberta. Para máis información e inscricións poden contactar co Servizo de Medio Ambiente a través do correo electrónico: concellaria.medioambiente@coruna.gal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión