Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2024

O CFP Nebrija gaña a XVI edición do Programa Inicia cun proxecto de comercialización de papel absorbente sostible

O concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais participou na entrega de premios desta iniciativa do Concello para fomentar a cultura emprendedora entre o alumnado de Formación Profesional e Ensinos Especiais

O concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego, participou esta tarde no Fórum Metropolitano na entrega de premios da XVI edición do Programa Inicia, que ten como obxectivo a difusión e implantación do espírito emprendedor entre o alumnado de Ciclos Formativos e Ensinos Especiais. O Goberno de Inés Rey aposta por iniciativas educativas singulares que axuden á mocidade coruñesa a tomar contacto co mundo da empresa e o traballo. Durante a mañá, ademais de Borrego, tamén participou na xornada a concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira.

O primeiro premio deste ano foi para alumnos e alumnas do Centro de Formación Profesional Nebrija polo seu proxecto Respiro Sostible, unha iniciativa enmarcada na categoría de Administración e Finanzas na que se presentaba un papel ecolóxico absorbente obtido de residuos vexetais. Os autores do proxecto recibirán 300 euros cada un. O segundo premio foi para a iniciativa de enerxías renovables presentada por alumnos do IES Rosalía Mera baixo o nome de Unity Sistem. Os integrantes do equipo recibirán 200 euros cada un. O terceiro premio foi para o proxecto G Studio, centrado na produción de xoias dentais a medida e presentado por alumnos e alumnas do CIPF Anxel Casal. Cada membro do equipo recibirá 150 euros. Así mesmo, foron recibido senllos premios de 300 euros a profesora Montserrat López, do CFP Nebrija e o CPR Grande Obra de Atocha como centro máis implicado.

O concelleiro de educación destacou o excelente nivel de todos os proxectos presentados este curso, agradeceu aos docentes a súa implicación e apoio e animou aos participantes para manter o seu entusiasmo e iniciativa para sacar adiante os seus proxectos.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión