26 de outubro de 2016
Alberte Núñez e Jules & The Wolf completarán a programación de concertos deste outono no recinto cultural
A biblioteca municipal da Sagrada Familia acollerá mañá, 27 de outubro, ás 19.30 horas, a sesión inaugural da tempada de outono do ciclo Os xoves na Sagrada, os encontros musicais de entrada libre que o centro da rúa Antonio Pereira vén desenvolvendo co obxectivo de ofrecer, a través da música de artistas de distintos países, unha nova perspectiva tanto do espazo cultural para as e os seus usuarios habituais como da estreita relación entre as distintas artes.
O primeiro concerto será o do cuarteto Secho y los Invisibles, unha agrupación galega de rock e pop que comezou a súa andaina no 2009, e que mañá presentará o seu primeiro traballo discográfico Xa fai tempo, unha mistura de modernidade e tradición, rock e folk coa que a banda pretende "acadar intres de complicidade" co público asistente. O ciclo continuará a súa programación o próximo día 3 de novembro, coa actuación do acordeonista Alberte Núñez, e rematará co concerto de Jules & The Wolf o xoves 24 do mesmo mes. Como é habitual, todos os encontros comezarán ás 19.30 horas e a entrada será libre, ata completar a capacidade do espazo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible