15 de maio de 2025
As últimas entradas están á venda en Ataquilla, na praza de Ourense e, antes da función, no propio teatro
A segunda edición do ciclo Folk no Colón inaugurarase este venres coa actuación de Treixadura, a partir das 21.00 horas. As últimas entradas, a partir de 16 euros, están á venda a través de Ataquilla, na praza de Ourense e, este mesmo venres antes do espectáculo, no despacho de billetes do propio Teatro Colón.
"Desde o Goberno de Inés Rey continuamos a reivindicar as nosas raíces musicais e darlles o espazo que merecen nun dos escenarios máis emblemáticos da nosa cidade", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. A actuación de Treixadura enmárcase tamén dentro da programación municipal para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado neste 2025 ás cantareiras e á literatura oral, que engloban toda a música tradicional galega.
Desde 1990, Treixadura leva aos escenarios un espectáculo único que combina o canto e a gaita e eleva a música tradicional ao máis alto nivel artístico. Fieis á súa esencia, rescataron melodías do anonimato, crearon novas composicións e compartiron a forza evocadora do canto colectivo.
Cunha traxectoria de 8 discos, colaboracións con figuras como Rodrigo Romaní ou Kepa Junkera, Treixadura representa a ponte viva entre a raíz cultural galega e a súa reinterpretación contemporánea. Unha experiencia emocionante que converte o público no verdadeiro protagonista de cada concerto.
Programación completa do II Folk no Colón
17 de xuño de 2025
17 de xuño de 2025
11 de xuño de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible