Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de outubro de 2015

O ciclo "Libros en directo" volve ao centro Ágora o día 29 coa escritora Najat El Hachmi

A autora vén de gañar o premio Sant Joan das letras catalanas coa súa última novela, "La filla estrangera"

Libros en directo’, o ciclo de conversas con escritoras e escritores recoñecidos, volve ao centro Ágora. A serie de encontros, organizada pola Concellería de Culturas, busca achegar á cidadanía coruñesa as últimas novidades editoriais da man das súas propias autoras e autores a través dunha conversa co director da proposta, Pedro Ramos.  A primeira convidada da tempada de outono é a escritora Najat El Hachmi, que vén de gañar o premio BBVA Sant Joan das letras catalanas coa súa última novela, La filla estrangera, na que retrata os choques culturais e sociais aos que se enfronta unha muller de Marrocos, tras chegar a Barcelona, a través da relación coa súa nai.

Najat El Hachmi nace en Marrocos no ano 1979  e trasládase coa súa familia á cidade de Vic aos oito anos. Tras estudar filoloxía árabe na Universidade de Barcelona, publica a súa primeira obra, Jo també sóc catalana. En 2008 gaña o Premio Ramon Llull coa novela
L´últim patriarca, coa que tamén leva o Prix Ulyse 2004. A través deste encontro no centro Ágora, El Hachmi trasladará ao auditorio a súa experiencia persoal e traxectoria como escritora, ademais de analizar o proceso de xestación de La filla estrangera e aportar a súa visión do panorama literario estatal.

O ciclo ‘Libros en directo’ é unha cita mensual coa actualidade das letras e nos últimos dous anos contou coa participación de  Eduard Punset, James Ellroy, Valérie Tasso, Juan José Millás, Agustín Fernández Mallo ou Pilar Eyre. A conversa con Najat El Hachmi será o vindeiro día 29, ás 20.00 horas, no centro Ágora. A entrada é libre até completar a capacidade do auditorio.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión