Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2015

O Colexio Montespiño gañador do premio escolar do Mini Atlántica

Un total de 108 inscritos foron os presentados polo Colexio Montespiño á primeira edición do Mini Atlántica. Esa inscrición foi referendada cunha participación ao bordo da centena, o que os fai merecedores do premio de 500 euros en material deportivo grazas á Obra Social de La Caixa.

O vindeiro venres 8 de maio, o Salón de Plenos do Concello da Coruña será testemuña da entrega ao Colexio Montespiño do seu premio por achegar o maior número de participantes ao Mini Maratón Atlántica.

En total, foron inscritas 108 alumnas deste colexio, o que máis participantes presentou a esta primeira edición das carreiras de menores de Coruña42, seguido polo Colexio Obradoiro e polo CEIP María Pita. O Concello contou coa colaboración da Obra Social de La Caixa, quen tamén animou a todos os colexios a tomar a saída na proba proporcionando o premio de 500 euros en material deportivo, para o colexio gañador.

Un total de 1000 escolares coruñeses tomaron parte nesta primeira edición do Mini Maratón Atlántica, na que todos pasaron baixo o arco de meta e recibiron a súa medalla de finishers, demostrando que debe ser unha actividade para incorporar definitivamente na fin de semana do Maratón Atlántica Coruña42.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión