Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xuño de 2016

O concelleiro de Culturas destaca que a municipalización das bibliotecas do Concello “traerá como consecuencia directa unha mellora da relación calidade-prezo”

A Xunta de Goberno local deu o visto e prace ao inicio do expediente polo cal as cinco bibliotecas da rede municipal que están suxeitas a un contrato privado pasarán a ser 100% públicas, o que segundo José Manuel Sande “conlevará unha serie de melloras de xestión sendo, non obstante, estes espazos xa de gran calidade e excelencia”

A Xunta de Goberno local reuniuse esta mañá nunha sesión extraordinaria na que deu o visto e prace ao inicio do expediente de municipalización da Rede de Bibliotecas do Concello. Na actualidade, cinco das oito bibliotecas municipais están xestionadas por un contrato de prestación de servizos a través dunha empresa privada cun custe de 2,3 millón de euros. Nunha entrevista concedida a Onda Cero, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, indicou que o proceso de municipalización traerá unha serie de consecuencias directas "como é, en primeiro termo, a mellora da relación calidade-prezo". En concreto, os informes elaborados polo Concello para abordar este proceso indican que a municipalización total deste servizo traerá aparellada un aforro anual superior aos 500.000 euros. A xestión directa das bibliotecas polo Concello, ofrecendo o mesmo servizo e mantendo as mesmas características e condicións, como igual número de horas de traballo e condicións do cadro de persoal, implicaría a non asunción por, exemplo, do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) do servicio, así como outra serie de conceptos como o beneficio empresarial ou os gastos xerais da empresa. "Temos que deixar claro que a nosa é unha rede de bibliotecas de excelencia, con grandes fortalezas, pero na que detectamos que existían unha serie de debilidades froito desa convivencia dentro da rede de dous modelos de xestión, unha pública e outra privada", explicou. "As garantías que ofrece a xestión pública contrastan cunha situación na que podían existir certos desequilibrios. A rede de bibliotecas funciona ben, e seguramente a moitos e moitas das usuarias lles sorprendería estes días saber que hai cinco espazos que son xestionados de forma privada, pero cremos firmemente que a municipalización ao 100% conlevará unha serie de melloras de xestión, que virán a reforzar a excelencia que xa presentan na actualidade as nosas bibliotecas", reflexionou.

Sande comentou que o proceso de municipalización que agora comezará a abordarse sostense sobre minuciosos informes como o realizado pola Asesoría Xurídica do Concello. "Existe ademais un informe económico que explica a mellora da viabilidade así como os beneficios da mellora da xestión pública", dixo o responsable municipal, que recordou que a Xunta de Goberno local aprobou, ademais de iniciar o expediente de municipalización, impulsar os trámites para constituír unha comisión informativa especial do Pleno para estudar o expediente municipalizador, así como unha comisión de estudo, "de apoio técnico xurídico á tramitación e conformación do expediente de municipalización".

"Este proceso non vai en contra das empresas privadas nin moito menos, simplemente está baseado nunha serie de informes que demostran que a aplicación desta opción é de sentido común porque se mellora a súa viabilidade. Reitero que temos unha rede municipal de bibliotecas de excelencia e de luxo, e o noso valor debe ser mellorala, e mellorar a xestión pública", comentou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión