Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2016

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, destaca "o labor pedagóxico" do (S8) e a súa contribución "á creación de novos públicos" na presentación da nova edición da mostra cinematográfica, centrada no impresionismo

O Teatro Rosalía Castro acollerá o 30 de maio a inauguración da Mostra de Cinema Periférico cun cinema-concerto no que se proxectará unha copia restaurada de 'O acoirazado Potemkin', e a Sala de Exposicións do Palexco transformarase nun espazo de exhibición durante o festival

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá na presentación da sétima edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico e que se celebrará do 1 ao 5 de xuño na Coruña. O responsable municipal fixo fincapé no carácter vangardista e pedagóxico do festival, “unha referencia para o ámbito máis profesionalizado” e que, este ano e baixo o nome de Os novos impresionistas, ofrecerá unha programación baseada nos traballos de cineastas que experimentan coa luz e as calidades pictóricas. “A Mostra, unha 'rara avis' estatal e plentamente asentada, propón moitas revelacións e para as e os espectadores”, explicou Sande, quen salientou a contribución do festival “á creación de novos públicos” grazas ao “labor pedagóxico” desenvolvido ao longo destes anos, “no que vén destapar esa outra historia do cine e das artes en xeral, a da vangarda, a práctica experimental, a procura doutros mundos e a exploración”, en sintonía co traballo que vén a elaborar nos últimos meses a área municipal que dirixe. “O (S8) amosa que no cine existen outras formas e estruturas, que se pode xogar cos materiais fílmicos, así como rescatar autores, cinematografías e cuestións que se descoñecen e que resultan atractivas”, concluíu.

A Mostra de Cinema Periférico arrincará o luns 30 de maio no Teatro Rosalía Castro cunha gala de inauguración en forma de cinema-concerto, na que se proxectará unha copia restaurada polo Filmmuseum berlin-Deutsche Kinematek de O acoirazado Potemkin, de Sergei M. Einstein, unha completa versión que inclúe planos recuperados despois da censura alemá dos anos 20. A exhibición contará coa sonorización en directo do pianista Chris Jarrett, autor dunha banda sonora inspirada na obra de Einstein que resalta a mensaxe anti-militarista presentada na película.  

Este ano incorpórase como sede a Sala Municipal de Exposicións Palexco, “para seguir expandindo o cinema e a súa capacidade transformadora na cidade da Coruña”, segundo destacou Ángel Rueda, director do (S8), quen presentou esta edición xunto ao concelleiro de Culturas, a videpresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o Director de AGADIC, Jacobo Sutil, e a directora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores. A Sala de Exposicións transformarase durante a celebración da Mostra nun espazo de exhibición no que o festival convidado deste ano, L’Âge D’or de Bruselas, ofrecerá unha sesión especial cun percorrido pola súa sección competitiva dos últimos anos. Á vez, o espazo acollerá o II Encontro de Programadores de Festivais de Cine, e as seccións SINAIS en curto e Artista en foco, que terá á galega Xiana Gómez-Díaz de protagonista.

A sala de exposicións municipal tamén albergará, do 31 de maio ao 5 de xuño, a instalación Luzarches. Impression of time Compensation, do artista francés Jacques Perconte, quen estreará no (S8) o seu último traballo, Save my Heart from the world, e realizará unha performance sonora ao vivo na Fundación Luis Seoane (2 de xuño). O centro de arte contemporáneo da rúa San Francisco, que vén de celebrar o seu vinte aniversario, acollerá de novo nesta edición as noites con intervencións en directo das e dos artistas convidados ao festival, na que tamén participarán Martha Colburn (3 de xuño) e Nicky Hamlyn (4 de xuño), quen mostrará por vez primeira a obra Quadrants, realizada para dita ocasión.

Para máis información sobre a programación, pode visitarse a páxina web do festival.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión