Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de agosto de 2017

O concelleiro de Emprego e responsable de Turismo destaca que os datos de ocupación e rendibilidade avalan que “A Coruña está a aumentar o seu atractivo e calidade turística”

Alberto Lema salienta que mentres que as cifras de ocupación se manteñen nos niveis do pasado ano, por enriba do 80%, os prezos por habitación experimentaron en xullo un incremento do 9% con respecto a 2016, cunha previsión de aumento do 4,5% este agosto

O concelleiro de Emprego e Economía Social, e presidente do Consorcio de Turismo da Coruña, Alberto Lema, destacou hoxe que os datos de ocupación e rendibilidade do sector hostaleiro e hoteleiro da cidade neste verán referendan que "a cidade está aumentar tanto o seu atractivo como a súa calidade turística". O responsable municipal salientou as cifras achegadas pola Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña (Hospeco), que indican que a ocupación hostaleira no pasado mes de xuño rondou o 81%, mentres que as previsións para o mes de agosto falan dun 85%, datos que se manteñen na liña positiva do pasado ano. "A Coruña está gañando indiscutiblemente en atractivo e iso se pode ver, entre outras cuestións, porque a previsión para este agosto é moi similar a do ano pasado, tendo en conta, non obstante, que este ano non contamos cun factor como é a Tall Ships Races, que no 2016 tivo á nosa cidade como porto de destino", comentou. "A cidade gaña en atractivo por si mesma, porque ten unha identidade propia", avaliou Lema, quen destacou, ademais, o traballo de promoción que o Consorcio de Turismo vén facendo durante todo o ano, "en espazos como Fitur ou o foro Saborea España, co propio Fórum Gastronómico celebrado na cidade ou coas promocións e publicidades en liñas aéreas", ademais da intensa campaña desenvolvida para captar ao público irlandés e inglés, aproveitando os lazos históricos en común. Lema destacou como outro dos datos que avalan o crecemento do atractivo turístico da cidade, máis alá da ocupación o que se refire ao prezo por habitación durante o mes de xullo, que de media se incrementou nun 9% con respecto ao ano pasado, até os 78 euros, fronte aos 71,5 do 2016. "E as previsións que nos traslada o sector falan dun aumento estimado no mes de agosto do 4,5%, dende os 88,5 euros até os 92,5 euros", avanzou.O responsable de Turismo municipal manifestou que, á marxe destes datos, "as expectativas de atracción turística son moi positivas, tendo en conta que esta cidade está a avanzar ademais nun modelo baseado no urbanismo accesible e saudable, na mobilidade sostible e no respecto ao medio ambiente, que é moi valorado nos indicadores turísticos neste momento", e recordou a posta en marcha, por parte do goberno local, do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión