Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de outubro de 2016

O Concello abordará a innovación nas políticas locais de emprego a través dunhas xornadas abertas á cidadanía os días 3 e 4 de novembro

A situación do emprego na comarca e a promoción económica das grandes urbes serán algúns dos temas que se tratarán nos relatorios, cuxa inscrición é gratuíta e pode formalizarse a través do web municipal

O Concello da Coruña organizará, os próximos 3 e 4 de novembro, as xornadas A innovación nas políticas locais de Emprego. O seminario, que terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña, impartirase en horario de mañá e incluirá parladoiros en relación coa situación de emprego na comarca da Coruña, ou ferramentas de apoio ao emprendemento. Na xornada inaugural do día 3 participarán, entre outros, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, ademais do persoal técnico dos municipios galegos da Coruña, Ferrol, Vigo, Santiago e Lugo, que valorarán as políticas locais na promoción económica, así como os distintos programas propios e doutras administracións competentes neste sector. Os colectivos representantes das persoas traballadoras tamén ofrecerán a súa análise sobre o acceso ao mercado laboral e o estado do mesmo, ao igual que representantes doutras entidades públicas, como o Observatorio Ocupacional da UDC, e privadas.

Xa na mañá do venres 4 abordaranse os programas e ferramentas de apoio ao emprendemento, e a estratexia de promoción económica e de grandes urbes como Madrid ou Barcelona. A inscrición destas xornadas é gratuita, e pode formalizarse a través deste formulario web, dispoñible na páxina web municipal www.coruna.gal/emprego.

Documentos:

DÍPTICO XORNADAS DE INNOVACIÓN (PDF) (1 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión