Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2026

O Concello abre as inscricións para a primeira actividade das Rutas Mariñeiras deste ano

Estas actividades, gratuítas pero con reserva de prazas necesaria, levaranse a cabo en distintos mercados da cidade entre o 2 de xullo e o 17 de setembro, cun total de catro itinerarios diferentes

O Concello pon en marcha o proceso de inscricións da primeira actividade -a ruta desde a lonxa da Coruña ata o mercado de San Agustín- da nova edición das Rutas Mariñeiras nos mercados municipais, no marco do proxecto "Mercados Coruñeses II", financiado a través das axudas para o GALP Golfo Ártabro Sur, como parte do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e como parte da estratexia de dinamización dos mercados da cidade levada a cabo polo Goberno de Inés Rey. As reservas de praza están dispoñibles nesta ligazón.

"O mar e a pesca son parte da esencia e a historia desta cidade. Con estas actividades, queremos achegar esta realidade á cidadanía, reivindicando ademais o noso inmellorable produto gastronómico local. Temos un capital inmenso, e temos que estar orgullosos del", apuntou o concelleiro de Educación, Innovación Tecnolóxica e Formación, Juan Ignacio Borrego. 

Estas rutas guiadas ofrecen unha experiencia para descubrir a tradición pesqueira da cidade, a través dun percorrido que conecta a lonxa da Coruña cos mercados municipais, combinando patrimonio, gastronomía e divulgación do sector pesqueiro.

Durante a actividade, as persoas participantes poderán asistir á poxa de peixe e marisco na lonxa, coñecer o funcionamento da cadea de comercialización, percorrer espazos emblemáticos da cidade e visitar diferentes mercados municipais, onde recibirán explicacións directamente dos praceiros e praceiras.

A experiencia complétase cunha degustación de produtos do mar, como mostra da gastronomía local vinculada ao Atlántico. As rutas están dirixidas a público adulto, son gratuítas e requiren inscrición previa, con prazas limitadas.

Datas e itinerarios:

  • 2 de xullo de 2026: da lonxa da Coruña ao mercado de San Agustín

  • 16 de xullo de 2026: da lonxa da Coruña ao mercado de Eusebio da Guarda

  • 27 de agosto de 2026: da lonxa da Coruña ao mercado de Elviña

  • 17 de setembro de 2026: da lonxa ao mercado de Eusebio da Guarda

Os obxectivos desta iniciativa son poñer en valor a actividade pesqueira local, o papel da lonxa e dos mercados municipais, fomentar o consumo de produto fresco e de proximidade, difundir o patrimonio cultural, gastronómico e arquitectónico da cidade, dar visibilidade ao papel das mulleres no sector pesqueiro e promover a economía azul e a sostibilidade ambiental.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión