Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de maio de 2023

O Concello abre este martes 2 o prazo de renovación de matrícula nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2023-2024

A partir deste martes, 2 de maio, as persoas interesadas poderán presentar a documentación, solicitar cambios de horario e de grupos de idade

O Concello da Coruña abre mañá, martes 2 de maio, o prazo para a renovación das matrículas nas Escolas Deportivas Municipais (EDM) para o curso 2023-2024. As solicitudes poderán presentarse nos rexistros da Cidade Deportiva de Riazor, da Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias ou no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores, en horario de atención ao público, de luns a venres de 8.15 a 14.00 horas ata o 14 de xuño e ata ás 13.30 horas do 15 en adiante. As renovacións para actividades desenvoltas en San Diego e San Amaro realizaranse nestes centros no seu propio horario de atención. 

A renovación da matrícula vai dirixida a todo o alumnado matriculado e asistente nas EDM no curso 2022-23 que desexe manter a súa participación nas actividades o vindeiro curso 2023-2024, tanto no caso das actividades xestionadas directamente polo Servizo Municipal de Deportes (SMD) do Concello da Coruña, como das organizadas polas concesionarias do Complexo Deportivo de San Diego e do Club do Mar de San Amaro. A renovación realizarase na actividade, no grupo e horario no que se estea inscrito/a no curso 2022-23. O SMD poderá cambiar a denominación dos grupos co fin de ordenar a oferta das EDM. Neste caso, cada persoa quedará adscrita a un grupo equivalente ao que estaba matriculada. No caso de que se deba realizar un cambio de grupo por idade ou nos casos de AGÁS, a coordinación das EDM asignaralle praza a esas persoas noutro grupo sempre e cando iso sexa posible polo número de prazas dispoñibles.

O calendario para as solicitudes será o seguinte: as renovacións xerais serán do 2 ao 9 de xuño e as renovacións con cambio de grupo por idade serán do 19 ao 23 de xuño. Os cambios de horario serán do 15 ao 21 xuño a través de rexistro e, se fose necesario, habería un sorteo o 27 de xuño. As persoas que, rematado o prazo de renovación que corresponda, non fixeran o pagamento da taxa correspondente entenderase que renuncian á praza na que podían renovar. A dita praza pasará á convocatoria libre e ofertarase no mes de setembro de 2023.

Toda a información sobre o proceso publicarase na páxina web da Concellaría de Deportes e nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais. A cidadanía tamén se pode informar a través do servizo de atención á cidadanía do 010.

Tamén che pode interesar

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión