Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de febreiro de 2026

As inscricións poderán formalizarse do 11 ao 18 de febreiro na conserxaría de cada centro, por orde de chegada e con prazas limitadas

O Concello abre inscricións no programa ‘Maiores en plena forma’, con actividades gratuítas en 22 centros cívicos

O programa, dirixido a persoas maiores de 50 anos, desenvolverase do 23 de febreiro ao 29 de maio

O Concello porá en marcha nas vindeiras semanas unha nova edición do programa municipal Maiores en plena forma, unha iniciativa gratuíta orientada a promover un envellecemento activo e saudable a través de propostas de benestar físico, psíquico e sociocultural na rede de centros cívicos municipais.

A programación desenvolverase do luns 23 de febreiro ao venres 29 de maio e está dirixida a persoas maiores de 50 anos. Para participar, será necesario formalizar a inscrición entre o 11 e o 18 de febreiro, directamente na conserxaría do centro cívico correspondente. As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

O programa inclúe actividades de mantemento e coidado corporal -como ximnasia, ioga, control postural ou solo pélvico-, ademais de propostas orientadas á estimulación e o benestar emocional, como a risoterapia, a musicoterapia, a relaxación e a xestión de emocións. A oferta complétase con obradoiros prácticos (nutrición, bixutería) e iniciativas para reducir a fenda dixital, con sesións de manexo do móbil e das redes sociais, entre outras opcións.

Ademais, Maiores en plena forma incorporará visitas culturais guiadas con distintos percorridos temáticos, que permitirán redescubrir a cidade dende unha perspectiva histórica e social, combinando actividade física moderada e divulgación cultural.

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, destacou que "Maiores en plena forma é unha aposta clara do Goberno de Inés Rey por achegar alternativas de balde, de proximidade e adaptadas ás necesidades da veciñanza maior, reforzando hábitos saudables e tamén os vínculos comunitarios nos barrios".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión