Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xuño de 2016

O Concello abre mañá o prazo de inscrición para os obradoiros infantís de verán no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

As actividades, que serán gratuítas, desenvolveranse os sábados dos meses de xullo e agosto

O Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón abrirá mañá o prazo de inscrición para os seus obradoiros monográficos creativos de verán, destinados a nenas e nenos de entre 6 a 12 anos. As actividades, de carácter gratuíto, terán lugar nas instalacións do propio museo en distintos sábados dos meses de xullo e agosto.

Cada obradoiro creativo comezará ás 12 da mañá e terá unha duración aproximada de 1 hora e media, que contará cunha parte formativa, a través de visitas e percorridos específicos polo museo, e unha segunda na que as e os participantes crearán coas súas mans obxectos inspirados nestes roteiros históricos. Deste xeito, mozas e mozos crearán, por exemplo, as súas propias pinturas rupestres, modelarán figuras de barro inspirándose na cerámica castrexa ou elaborarán mosaicos inspirados na época do Imperio Romano.

O primeiro obradoiro, chamado Xoias castrexas será o 16 de xullo, na que as nenas e nenos visitarán a sala da idade de ferro e elaborarán un torques. No segundo, Pintura rupestre, que chegará o do 23 de xullo, coñecerán os motivos decorativos empregados polas mulleres e homes na Prehistoria para decorar as paredes das súas covas para, despois, con pintura de mans, debuxar a súa propia pintura. O último sabado de xullo, o día 30, no taller chamado Selo de alfareiro: terra sigillata descubrirán as funcións, formas decoracións e características particulares desta cerámica romana antes de crear o seu propio selo de alfareiro.

Xa no mes de agosto, o día 6, na actividade Mosaico romano coñecerán a técnica musivaria e elaborarán mosaicos empregando patróns que se lles proporcionarán. O día 13 chegará a quenda da Cerámica castrexa, na que tras achegarse o labor de fabricación de obxxectos cerámicos, as nenas e nenos modelarán coas súas mans un recipiente de barro, inspirándose en formas e decoracións das pezas orixinais do museo. Finalmente, o día 20 de agosto, a actividade Exército romano versará sobre os campamentos romanos, e as e os participantes crearán os seus propios cascos, espadas e escudos.

As inscricións para estes obradoiros monográficos, que contarán con 15 prazas cada un que se outorgarán por orde de reserva, poderán realizarse a través do teléfono 981.189.850, en horario de martes a sábado de 10.00  a 19.30 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión