Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2018

O Concello abre o prazo de inscrición da XV edición do Concurso de Tapas Picadillo para os establecementos de hostalería da cidade

O certame, que se celebrará na primeira quincena de setembro, incluirá unha nova categoría co gallo do centenario da morte de Manuel María Puga e Parga, ‘Picadillo’

O Concello da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición para os establecementos de hostalería que queiran participar na XV edición do Concurso de Tapas Picadillo, que este ano adiantará a súa celebración e terá lugar entre os días 1 e 16 de setembro. O certame, que pon en valor a calidade da gastronomía local e a aposta polo produto fresco dos mercados de proximidade, premia as mellores tapas elaboradas polos locais participantes a través da votación dun xurado e do público. O concurso, que este ano contará coa D. O. Ribeira Sacra como entidade colaboradora, está aberto a todos os locais hostaleiros legalmente establecidos na cidade, que poderán presentar as súas propostas a través das distintas categorías, como son Tradicional, Creativa, Cidade da Coruña e Maridaxe. Nesta edición, que coincide cos cen anos do falecemento do ex-alcalde Manuel María Puga e Parga, Picadillo, o certame contará cunha nova modalidade, que se denominará 'Premio Picadillo Especial Centenario'.

As bases e as fichas de inscrición --que rematará o 30 de maio-- a cumprimentar atópanse na páxina oficial do concurso http://tapaspicadillo.es/. Todas aquelas persoas interesadas en participar ou que queiran obter máis información, pódense dirixir aos teléfonos da Oficina Técnica (881 964 168/ 639 155 247 / 636 44 75 74), ou ben ao enderezo electrónico do certame tapaspicadillo@gmail.com.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión