Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2017

O Concello abre o prazo de inscrición dos Locais de Ensaio para o próximo semestre

A edil Claudia Delso presentou a XII edición do Festival Solidario Coruña En Directo, que se celebrará o venres 29 de setembro na Sala O Túnel e que contará coa participación das bandas Harakiri, Proyecto Moucho, Senectur Sideral, Sala 5 e Wondermind

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, anunciou esta mañá a apertura da nova convocatoria para solicitar praza nos Locais de Ensaio municipais de cara aos próximos seis meses. Tal e como lembrou a edil, o servizo, que conta con 48 prazas dispoñibles, "ofrece un espazo de ensaio gratuíto para que a mocidade poida desenvolver as súas inquedanzas arredor do eido musical así como a súa creatividade". Situados nos baixos do Coliseum, os Locais de Ensaio contan con 3 salas equipadas con todo o backline necesario "para que os grupos usuarios só teñan que achegar os seus instrumentos", sinalou Delso. Ademais, contan con persoal técnico e cun estudio de gravación propio para plasmar as cancións que os grupos compoñan, "e que poden formar parte do CD editado pola Concellaría,"que ten como finalidade colaborar na promoción dos proxectos musicais dos grupos", expuxo. A concelleira, que estivo acompañada na rolda polo coordinador dos Locais, Christian Beade, lembrou que, desde o ano pasado, o servizo municipal "tamén conta cun programa formativo vinculado á industria musical, de modo que se ofrece á mocidade un programa integral para que poidan, á vez que desenvolven o seu proxecto, achegarse ao mundo profesional e resolver as súas dúbidas sobre o mesmo".  

O período para solicitar praza nos Locais permanecerá aberto desde hoxe e ata o venres 29 setembro. Entre os requisitos que se deben cumprir para optar á mesma, é entregar o certificado da solicitude debidamente cuberta, a fotocopia do DNI de todas as persoas integrantes do grupo, o certificado de empadroamento no Concello da Coruña, con data de 2017, ou ben matrícula nun centro educativo da cidade correspondente ao curso 2017/18, de, como mínimo, o 50% das persoas integrantes do grupo e o permiso do pai, nai ou responsable legal de todas as persoas menores de 18 anos, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso. As solicitudes, que se poden descargar da web municipal www.coruna.gal/cmix, deberán enviarse ao enderezo electrónico da área de Mocidade, xuventude@coruna.es, achegando a documentación requirida nas bases da convocatoria.

XII Coruña en Directo

Por outra banda, a concelleira de Participación e Innovación Democrática presentou unha nova edición do Festival Solidario Coruña En Directo, unha iniciativa promovida polos Locais de Ensaio e que ten como finalidade "non só ofrecer un concerto ao vivo, senón colaborar tamén con algunha entidade da cidade". Na cita, que terá lugar desde as 20.00 horas do día 29 na Sala O Túnel, participarán grupos de corte indie que forman parte do Servizo Municipal, como son Harakiri, Proyecto Moucho e Senectud Sideral --participantes nas últimas edicións do Festival Noroeste Estrella Galicia--, Sala 5 e Wondermind, que debutará neste Festival .

Os convites deste concerto solidario, que se poderán retirar o mesmo día do concerto na Sala O Túnel, desde as 19.30 horas, serán a vía de apoio, nesta ocasión, do labor de Intermon-Oxfam e facilitaranse mediante unha doazón de 3 euros á ONG. O convite incluirá unha consumición de auga ou unha bebida de comercio xusto --refresco, café ou infusión--.

Documentos:

XII-Festival---Locais-de-Ensaio.png (3 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión