Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de outubro de 2016

O Concello abre o prazo de solicitude para participar no programa 'Antenas de Información Xuvenil' no curso 2016 - 2017

A iniciativa, organizada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, busca correspondentes entre o alumnado matriculado nos centros educativos para difundir novas de interese para a mocidade coruñesa

O Concello da Coruña pon en marcha para o curso 2016 - 2017 o programa de acción voluntaria Antenas de Información Xuvenil e abrirá mañá, xoves 13, o prazo de solicitude para participar no mesmo. A iniciativa, que o curso pasado cumpriu 25 anos, nace co obxectivo da creación dunha rede de difusión de información de interese para a mocidade entre o alumnado dos centros educativos públicos e de réxime especial (IES, CIFP,  Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música) e concertados coa etapa de secundaria da cidade.

Cada correspondente, baixo a coordinación do persoal do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), será responsable da difusión e actualización constante da información nos seus centros. Pola súa participación no programa, o alumnado --que deberá estar matriculado nos centros onde se desenvolve a iniciativa-- obterá entradas a eventos organizados polo Concello da Coruña e recibirá gratuítamente os carnés dirixidos específicamente á mocidade (Carné Xove, o Carné de Alberguista e o Carné Internacional de Estudante), así como formación en materia de información xuvenil.

As persoas interesadas en participar na proposta poderán presentar a súa solicitude até as 20.00 horas do 26 de outubro no CMIX. Toda a información sobre este programa poderase obter no propio centro, situado no Fórum Metropolitano, chamando ao 981.184.294, ou a través da páxina web www.coruna.gal/cmix.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión