Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de novembro de 2020

O concello acorda medidas especiais coa Compañía de Tranvías para adaptarse ás novas restricións en materia de transporte urbano

O edil de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada sinalou que a prioridade é controlar as capacidades dos buses

A Concellaría de Mobilidade acordou coa Compañía de Tranvías unha serie de medidas extraordinarias encamiñadas a cumprir as restricións impostas pola Xunta de Galicia e no contexto actual do estado de alarma.

Deste xeito, o servizo de transporte urbano da Coruña aplicará, a partir de mañá sábado, a nova restrición ditada polo Goberno autonómico, que no Decreto 179/2020 establece unha limitación do 50% de ocupación das prazas sentadas e unha sexta parte de viaxeiros de pé para os autobuses urbanos Clase I, en que se inscriben os vehículos do transporte urbano.

A Compañía de Tranvías comprometeuse co Goberno local a poñer o 100% da frota en funcionamento e reforzar o servizo nas horas punta. O concelleiro Juan Díaz Villoslada sinala que, para cumprir con este obxectivo, a compañía monitorizará a evolución da demanda co fin de comprobar cales son as liñas e os horarios con maiores necesidades de cobertura.

"A pesar de que reforcemos o servizo, as restricións no transporte urbano non son paralelas ás restricións de mobilidade e, por tanto, é posible que se produza saturación do servizo pero a prioridade será controlar as capacidades", dixo.

ViIlloslada asegura que neste período demostrouse que o transporte público é un medio seguro e fai un chamamento á colaboración das persoas usuarias, con especial fincapé á necesidade de utilizar a máscara en todo momento e a atender ás indicacións das condutoras e dos condutores con respecto á capacidade e á utilización dos espazos habilitados nos autobuses. Tamén se recomenda evitar no posible as horas punta, sobre todo coas facilidades que ofrecen as liñas con alta actividade, como a universitaria, en que se manterán todos os reforzos posibles nas ditas horas, con frecuencias de 3 minutos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión