Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xullo de 2019

O Concello activa os servizos especiais de autobuses con motivo das Festas de María Pita

Os servizos de reforzo habilitaranse para os concertos na Praza de María Pita, Festival Noroeste Pop Rock e Batalla Naval

Desde o Concello infórmase dos servizos especiais que se habilitarán con motivo das Festas de María Pita 2019.

Concertos na Praza de María Pita

Os días 1, 2, 3 e 4 de agosto ao remate dos concertos, previsto ás 00.30 horas, haberá un dispositivo especial con saídas desde Porta Real, que consistirá en:

  • Unha liña identificada como 1 que dará cobertura ás zonas da Palloza, Gaiteira, Os Castros, Castrillón e Avda. de Monelos.
  • Unha liña identificada como 1A para as zonas de Catro Camiños, Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís.
  • Unha liña identificada como 3A que dará servizo ás zonas de Labañou e Os Rosales.
  • Unha liña identificada como 6 que sairá de Porta Real e entrará por Juana de Vega á praza de Pontevedra, Avda. de Fisterra, Ventorrillo e Meicende.
  • Unha liña identificada como 7 que sairá de Porta Real e entrará por Juana de Vega para lles dar servizo ás zonas de Peruleiro, Rolda de Outeiro, Ventorrillo e Vila de Negreira.
  • Unha liña identificada como 11 que sairá de Porta Real e entrará por Juana de Vega, praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla y Cancela para dar servizo á zona dos Mallos.
  • Unha liña identificada como 21 para dar cobertura a Ramón y Cajal, Pablo Picasso, Birloque e  Novo Mesoiro.

A partir da 01:30 horas entrarán en servizo os dous "bufos", un no sentido de circulación habitual Labañou - Rolda de Outeiro - Birloque, e outro no inverso, Os Castros - Castrillón - Monelos -  Eirís.

Noroeste Pop Rock

Os días 6, 7 e 8 de agosto realizaranse concertos en diversos escenarios. Como consecuencia poñeranse en servizo dous "bufos", un no sentido de circulación habitual, Labañou - Ronda de Outeiro - Birloque, e outro no inverso, Os Castros - Castrillón - Monelos -  Eiris, saíndo o primeiro ás 23:30 e o último ás 01:30 horas.

Os días 9 e 10, os concertos celebraranse na praia de Riazor. Por tal motivo poñeranse en servizo dous "bufos", un no sentido de circulación habitual, Labañou - Rolda de Outeiro - Birloque, e outro no inverso, Os Castros - Castrillón - Monelos -  Eiris. O primeiro sairá ás 23:30 horas e o último ás 05:00 horas. Tamén se instalará unha parada provisional no Paseo Marítimo, á altura da coiraza antes da intersección con Modesta Goicouría.

Batalla Naval

O día 14 con motivo da realización da Batalla Naval poñerase o servizo nocturno cun intervalo de 15 minutos e sairá o primeiro ás 23:30 horas. A partir da 01:30 h quedarán dous buses en servizo cunha frecuencia de 30 minutos e a última saída será ás 05:00 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión