15 de marzo de 2024
A concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, interveu no acto levado a cabo esta mañá
A concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, interveu esta mañá no acto de conmemoración do 177 aniversario do Circo de Artesáns. A edil estivo acompañada por Roberto Parga, presidente da entidade.
Neira destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey coa institución, coa que ten asinado un convenio de 91.000 euros para o desenvolvemento da súa actividade. "O Circo de Artesáns mantén esa capacidade para ser un axente social de toda a cidade, cunha programación que superou o ano pasado as 230 actividades", sinalou a concelleira.
Neira destacou as melloras levadas a cabo nas instalacións da man do Goberno de Inés Rey, como o acondicionamento da sala de estudos e a catalogación dos seus fondos bibliográficos. Tamén destacou o importante papel histórico da institución, pola que pasaron personalidades como Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Manuel Murguía ou Unamuno.
24 de abril de 2024
23 de abril de 2024
22 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible