Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xullo de 2016

O Concello amplía a oferta dos locais de ensaio cun novo servizo de asesoramento e produción audiovisual para os grupos residentes

O departamento técnico destes espazos realiza hoxe o primeiro videoclip, para a banda Say my name, en distintos enclaves da cidade

A Concellería de Participación e Innovación Democrática vén de poñer en marcha un novo servizo a disposición dos grupos noveis residentes nos Locais de Ensaio Municipais, para ofrecerlles asesoramento e produción de imaxe audiovisual, unha nova liña de traballo que, como indica a concelleira da área, Claudia Delso, complementa os servizos deste recintos municipais, nos que as bandas teñen acceso gratuíto aos espazos de ensaio, sala de gravación e formación contínua no ámbito musical, ademais da posibilidade de participar en festivais solidarios organizados pola concellería. Hoxe mesmo, desde primeira hora da mañá, o departamento técnico dos Locais de Ensaio realizou a gravación para o primeiro videoclip dunha banda residente, o grupo Say my name, en distintos enclaves da cidade. Ademais da creación de pezas audiovisuais, o novo servizo contempla o asesoramento aos grupos na creación dos seus logotipos, nocións de lanzamento e sesións fotográficas.

Como salienta a responsable municipal de Participación e Innovación Democrática, que ten adscrita a área de Mocidade, este novo servizo "servirá para tentar acompañar aos grupos noveis no deseño da súa imaxe, a creación de novas propostas gráficas, a súa proxección nas redes sociais e, en xeral, a promoción de a comunicación do grupo na procura de concertos, coa finalidade de facer un seguimento integral" das formacións.

Máis información sobre os locais de ensaio na web municipal (www.coruna.es) e no blog dos propios locais, http://locaisdensaio.blogspot.com.es/.  

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión