Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de marzo de 2021

O Concello amplía a rede de iluminación do parque Adolfo Suárez

A mellora da rede, que a veciñanza reclamaba hai tempo, consistirá na instalación dunha nova infraestrutura con cinco puntos de luz mentres que as zonas de xogos infantís disporán de luces específicas

O Concello iniciará o vindeiro martes, día 23, as obras de ampliación e redistribución da rede de iluminación pública no Parque de Adolfo Suárez co fin de mellorar o sistema na senda peonil que conecta a Estrada dos Fortes coa rúa Pedreiras. Esta senda é cada vez máis frecuentada tanto por persoas usuarias do parque como por persoas viandantes, que reclamaban a súa iluminación nocturna. O obxectivo desta actuación, explican desde a Área de Infraestruturas, é mellorar o nivel de iluminación e converter en máis eficiente o consumo enerxético. As obras teñen un orzamento de 29.983 euros e un prazo de execución de dous meses.

O persoal técnico sinala que a obra combinará a instalación de nova infraestrutura de iluminación co aproveitamento da xa existente como resultado dunha análise previa, no marco do compromiso do Concello coa mellora continua dos servizos públicos baixo criterios de eficiencia, sustentabilidade e responsabilidade. Búscase unha iluminación que non produza contaminación luminosa nin luz intrusa.

En total instalaranse 5 puntos de luz novos, formados por columnas multiproxector, e recolocaranse outros 4. Así mesmo, as áreas biosaudables e de xogos infantís próximas ao aparcamento de Caldemoreiras serán dotadas de iluminación específica.

No ámbito da iluminación, o obxectivo do Concello é renovar a rede pública da cidade nos próximos tres anos cunha axuda europea de 12,6 millóns de euros, despois de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ratificase o proxecto presentado polo Executivo local de Inés Rey para mellorar a eficiencia da iluminación na cidade. Neste senso, en xaneiro, renovouse a iluminación do primeiro tramo da Rolda de Outeiro, entre a avenida do Ferrocarril e a avenida do Exército, con 63 puntos de luz novos. A obra contou cun orzamento municipal de máis de 230.000 euros e supuxo un paso máis na modernización da iluminación pública da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión