31 de outubro de 2023
A causa de alerta laranxa por vento, o acceso principal ao Cemiterio de San Amaro pecharase ás 16.00 horas, e ficarán abertas as entradas laterais
Ata mañá, mércores 1 de novembro, os cemiterios públicos da cidade pecharán as súas portas unha hora máis tarde, ás 19.00 h para facilitar as visitas da cidadanía
Ata mañá, mércores 1 de novembro, o Concello ampliará nunha hora, en quenda de tarde, o horario de operatividade dos cemiterios públicos da cidade. Co obxectivo de facilitar as visitas da cidadanía nestas datas tan sinaladas, as instalacións, abertas desde as 9.00 h, pecharán as súas portas ás 19.00 horas.
A causa de alerta laranxa por vento, o acceso principal ao Cemiterio de Santo Amaro pecharase ás 16.00 horas. Ficarán abertas as entradas laterais pola rúa Rafel Baixeras.
Ademais, o Concello reforzará o transporte público e activará un dispositivo especial da Policía Local por mor da festividade de Todos os Santos, para dar resposta á afluencia de xente prevista nos camposantos da cidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible