Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de febreiro de 2020

O concello amplía o percorrido da liña de bus 2A nas Xubias en resposta ás peticións da veciñanza

A Concellería de Mobilidade anuncia que desde este venres estarán habilitadas dúas novas paradas de bus: unha ao final da rúa Xubias de Arriba e outra fronte ao Hospital de Oza

A Concellería de Mobilidade anuncia a ampliación do percorrido da liña de bus 2A para dar resposta ás peticións da veciñanza, das persoas usuarias do Colexio de educación especial Santiago Apóstol e da Compañía de Tranvías da Coruña que levan tempo demandando que esta liña chegue ata o final das Xubias.

O percorrido actual da liña 2A vai do Hospital Abente y Lago ao Hospital de Oza e volve en sentido contrario. O concello habilitará desde este venres, día 7 de febreiro, dúas novas paradas de bus: unha ao final da rúa Xubias de Arriba que servirá de cabeceira da liña e outra fronte ao Hospital de Oza para que todas as persoas usuarias deste centro hospitalario que veñan desde A Coruña poidan acceder a el de forma directa.

Segundo o edil de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, con esta acción "trátase de mellorar a conexión da cidade cos hospitais e de facilitar o acceso das persoas usuarias a estes centros hospitalarios, promovendo a mobilidade en transporte público".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión