Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2024

O Concello apagará varios edificios municipais para conmemorar ‘A hora do planeta’ este sábado

A praza de María Pita acollerá diferentes actividades desde as 18.30 horas

O Concello da Coruña sumarase este sábado á conmemoración da "hora do planeta', unha iniciativa global da organización World Wide Fund for Nature (WWF) que busca sensibilizar a poboación mundial sobre os efectos do cambio climático e a importancia da conservación do medio ambiente.

O Goberno de Inés Rey aposta por programas de sensibilización e educación ambiental para concienciar os coruñeses e coruñesas sobre as consecuencias do cambio climático e fomentar a adopción de prácticas máis sostibles e responsables no día a día. 'A hora do planeta' busca promover a colaboración e o compromiso de empresas, organizacións e gobernos e contribuír á creación dun futuro máis sostible e equitativo para todos os habitantes do planeta.

"A hora do planeta" será este sábado, 23 de marzo, entre as 20.30 e as 21.30 horas. Durante esa hora apagaranse as luces do palacio municipal de María Pita e a iluminación da propia praza. Ademais, tamén se apagarán outras infraestruturas municipais, como o Millenium, a fonte de Catro Camiños e a muralla da cidade, xunto ao hospital Abente y Lago.

Na praza de María Pita, a partir das 18.30 horas, comezará un acto organizado polo Concello e a elaboración dunha figura cun '60+', símbolo da "hora do planeta' construída con máis de mil candeeiros que se prenderán a partir das 20.30 horas polas persoas que se acheguen ata a praza. Ademais, os máis pequenos e pequenas poderán participar en obradoiros de decoración de murais coa temática da protección e conservación do planeta.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión