9 de julio de 2025
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou hoxe na posta en marcha da iniciativa que terá lugar durante as próximas fins de semana nas praias da cidade
O Concello da Coruña e Cada Lata Conta (Every Can Counts Foundation), entidade internacional que promove a reciclaxe de latas de bebidas en espazos públicos, colaboran por segundo ano na campaña medioambiental 'A túa lata ao amarelo'.
Educadores ambientais con mochilas recolectoras percorrerán durante as vindeiras catro fins de semana as praias de Riazor e do Orzán para sensibilizar sobre a importancia de reciclar as latas de bebidas tamén en momentos de lecer. Ademais, realizaranlles enquisas ás persoas usuarias da praia para coñecer os seus hábitos de reciclaxe e obter valiosa información sobre a xestión de residuos nos espazos públicos.
'Cada Lata Conta' instalará bandeiras de sinalización nos contedores de reciclaxe situados nas praias para lle lembrar á cidadanía da Coruña e tamén ás e aos turistas onde depositar as súas latas e envases para garantir a súa reciclaxe.
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, sinalou que "o impacto deste tipo de campañas directas nos espazos públicos sempre é maior porque xera unha resposta inmediata da cidadanía e ademais está en liña cos esforzos que está a efectuar o Goberno de Inés Rey para manter limpos os areais e cumprir os obxectivos da nova ordenanza de praias, que busca un equilibrio entre a conservación dos areais e o seu goce como zonas de lecer".

26 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible