Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2019

O Concello apoia a estrea da ópera buffa coruñesa “O loro de Carlos V”

O seu autor Nani García explicou que a peza evita as reducións que se soen facer dos clásicos para lles contar a todos os públicos unha historia popular con toque galego

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, presentou esta mañá a ópera buffa "O loro de Carlos V", do compositor Nani García, e con escenografía de Miguelanxo Prado, que se estreará o 5 e 6 de decembro no teatro Colón e na que participará a Orquestra Sinfónica de Galicia con Diego García Rodríguez como director e as voces de Borja Quiza, Francisco Corujo e Helena Abad.

O edil destacou que a proposta practicamente coruñesa ao 100%, aínda que está pensada para a cativada, ten a vocación de emocionar a todos os públicos pola música, "que vai a unha velocidade incrible xunto coa escena". En formato "singspiel", no que ademais da parte musical hai unha falada, Nani García contou que a idea xurdiu hai catro anos cando a historia de Michel de Ghelderode caeu nas súas mans. O dramaturgo que apenas se coñece, dedicábase a facer pezas radiofónicas: "Esta é unha delas e xira arredor da figura de Carlos V, un monarca ben querido en Flandes sobre o que circulaban moitos contos".

O autor explicou que quixo producir unha ópera buffa "con todas as da lei" e para todos os públicos, que non consistira en reducir sen máis, tal e como se está a facer con obras clásicas que se dirixen a nenas e nenos. Por iso, "a música estámola tratando como unha ópera normal", e vai de principio a fin durante unha hora. En canto ao libreto, escolleuno porque esquiva os temas típicos da buffa para relatar unha historia popular "que nos mete nun tema moral, e todo iso adobado de pequenas anécdotas que fan que resulte moi áxil".

O compositor insistiu en que todo o que se conta foi verdade. Ocorreu en 1520 nas Cortes Xerais de Bruxelas, ás que chegou Carlos V desde A Coruña. O feito deulles pé para introducir un personaxe ourensán que monta no barco co rei e que non se chama da forma orixinal, senón "Bigariño". A presenza deste bufón fai que a historia sexa galega e universal, dirixida escenicamente por María Peinado e con Baltasar Patiño á fronte do apartado técnico. Así mesmo, está coproducida por Favola in Mvsica e nela colabora o Centro Dramático Galego xunto á marca Cabreiroá, que a patrocina.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión