18 de setembro de 2019
O edil de Cultura, Jesús Celemín, acudiu esta mañá á presentación da exposición “Un océano de arte” que o fotógrafo Cristóbal Serrano lle cedeu en exclusiva ao Festival Mar de Mares que se realiza estes días na cidade
O concelleiro de Cultura e Educación, Jesús Celemín, acudiu esta mañá á presentación da exposición "Un océano de arte", do prestixioso fotógrafo Cristóbal Serrano que desde hoxe e ata o 20 de outubro poderá visitarse na Dársena da Mariña. A mostra foi inaugurada cunha visita guiada polas 20 imaxes inéditas sobre os océanos que o autor lle cedeu en exclusiva ao Festival Mar de Mares.
O acto, que contou coa presenza do fotógrafo e das codirectoras de Mar de Mares, Silvia Oviaño e Mercedes Carballo, serviulle ao concelleiro para insistir na idea de que a educación é "o mellor aliado na defensa do medio ambiente".
O Goberno local, asegurou o concelleiro, aposta pola educación "como motor de cambio, como eixe das políticas ambientais". É necesario, dixo, impulsar unha educación ambiental que seduza a mocidade e lle ensine a coidar a "nosa casa" con pequenos e grandes xestos, e "os concellos temos moito que facer", apostilou o edil, que tamen resaltou a obriga dos gobernos de traballar desde o ámbito local "con políticas ambientais innovadoras que involucren a toda a cidadanía".
Na visita a mostra, e edil tamén valorou o labor da organización na posta en marcha dun programa de actividades deseñadas para poñer o foco na beleza dos océanos e, ao mesmo tempo, comprometidas coa preservación do medio ambiente. "Mar de Mares é un espazo vivo onde se atopan a arte, a ciencia, a educación e o lecer cun único obxectivo: preservar os noso planeta",
Durante o percorrido pola Dársena, o responsable de Educación manifestou a satisfacción de que A Coruña acolla a obra dun artista coma Cristóbal Serrano, que calificó de "inspiradora" polo modo que ten de plasmar nas súas fotografías a arte oculta na natureza, "de facernos ver o mar como un auténtico contedor de arte". As súas imaxes permítennos mergullarnos na beleza da natureza e, ao mesmo tempo, transmítennos a necesidade de conservar o noso planeta, destacou.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible