Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xullo de 2015

O Concello aposta por criterios transparentes no tratamento da publicidade institucional en prensa

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acordou co decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, a elaboración dun código de boas prácticas

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse a tarde deste mércores co decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Pereiro, e membros da súa directiva. No encontro, o rexedor explicou as medidas en materia de transparencia contidas no programa electoral da Marea Atlántica e que son susceptibles de especial interese para os medios de comunicación. Así, abordáronse temas coma os da publicación de todos os contratos públicos, por menores que sexan, das axendas dos altos cargos e, especialmente, a necesidade de aplicar criterios de transparencia á publicidade institucional.

O goberno local aposta por regular este tipo de publicidade e fuxir de repartos que non estean apoiados nunhas bases racionais. Por iso, Ferreiro anunciou a apertura, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, “dun proceso de traballo para poder definir un código de boas prácticas, co maior rango normativo que podamos acadar no Concello da Coruña, para erradicar calquera tipo de adxudicación discrecional e opaca de fondos públicos en materia de publicidade institucional”.

“Hai que distinguir entre publicidade institucional e propaganda electoral, garantir a pluralidade á hora de contratar espazos publicitarios e, sobre todo, limitar o uso da mesma con fins partidistas”, indicou Ferreiro. Nesa liña, o Concello coruñés aposta pola creación dunha Comisión de  Seguemento de publicidade de tipo institucional onde estean presentes os distintos actores sociais implicados na comunicación.

Pola súa parte, o decano do CPXG, Xosé Manuel Pereiro, amosouse “satisfeito, porque nun día negro como o de hoxe na que entra en vigor a chamada Lei Mordaza, puidemos debatir co alcalde sobre un plan de traballo para facer máis aberta a información municipal, así como establecer criterios máis transparentes para a publicidade institucional”.

 



Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión