Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2024

O Concello aproba a cesión gratuíta do estadio de Riazor ao RC Deportivo por 25 anos

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres ao convenio coa entidade, que mantén os mesmos termos do actualmente vixente. O convenio aprobado hoxe xa está asinado polas dúas partes

O Goberno municipal aprobou esta mañá en Xunta de Goberno Local o convenio que regula a cesión do estadio de Riazor ao RC Deportivo. O convenio mantén os mesmos termos do que actualmente rixe esa mesma cesión, un documento asinado no ano 2000 e con vixencia ata agosto do ano que vén. A cesión do estadio será por outros 25 anos e será, novamente, gratuíta. O convenio aprobado hoxe xa está asinado polas dúas partes.

Deste xeito, o Concello colabora co Dépor facilitándolle o uso e explotación do campo de xogo e as súas instalacións para que poida disputar os partidos igual que viña facendo até o de agora. O convenio estipula tamén, como no actualmente vixente, que en Riazor seguirá a desputarse o trofeo Teresa Herrera e mantén tamén, a petición do club, que o estadio teña a denominación ABANCA-Riazor nas competicións deportivas.

O Concello, que non percibirá ingreso algún pola cesión do estadio, colabora deste xeito para facilitarlle ao club a súa participación nas distintas competicións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión