22 de xullo de 2024
Sumando as obras da primeira e a segunda fase, o Concello levará a cabo un investimento de 1,2 millóns para completar a intervención
A alcaldesa, Inés Rey, informou esta mañá sobre os asuntos máis destacados que se aprobarán na Xunta de Goberno Local deste mércores. Entre outras cuestións, aprobarase o proxecto correspondente á segunda fase de reparación e reposición do sistema de climatización da Fundación Luís Seoane. "No pasado mandato completamos a primeira fase desta intervención, co obxectivo de solucionar o problema de filtracións de auga que se estaban a producir no edificio e de mellorar a súa climatización. Agora, avanzamos cara a posta en marcha da segunda fase, na que se acometerá a substitución das unidades de tratamento de aire restantes que existen na cuberta do edificio da Fundación", detallou a alcaldesa.
Sumando as obras da primeira e a segunda fase, o Concello levará a cabo un investimento de 1,2 millóns para completar a intervención, unha medida necesaria para salvagardar o legado e a memoria de Luis Seoane, un dos artistas galegos máis relevantes do século XX
19 de decembro de 2025

18 de decembro de 2025

18 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible