Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de agosto de 2022

O Concello aproba unha convocatoria extraordinaria de subvencións con máis de 66.000 euros para a promoción e fomento do deporte

Dita contía súmase aos 334.000 euros aprobados na convocatoria ordinaria

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, acaba de aprobar unha convocatoria extraordinaria de subvencións para o exercicio 2022, dirixida a entidades deportivas sen ánimo de lucro que realicen actividades de promoción e fomento do deporte. Con esta nova liña de axudas, o Goberno de Inés Rey reforza o seu compromiso co tecido deportivo da cidade.

A convocatoria ten como obxectivo ampliar a colaboración do Concello cos clubs, agrupacións escolares, seccións e federacións deportivas con sede no termo municipal, primando a aquelas entidades deportivas que non recibiron subvención na convocatoria ordinaria. Deste xeito, o Concello da Coruña suma máis de 66.000 euros á contía xa aprobada no mes de xaneiro (334.000 euros), co que achega case 400.000 euros á promoción e fomento de actividades deportivas.

Esta nova liña de axudas, explicou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, céntrase en dous tipos de subvención: o primeiro, orientado á participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo, cun importe máximo de 6.000 euros por entidade e actividade; e o segundo, destinado á organización de eventos deportivos e competicións na cidade da Coruña, cun importe máximo de 10.000 euros por entidade e actividade. No caso de que a entidade xa perciba unha axuda municipal a través dun convenio nominativo inferior a 50.000 euros, poderá solicitar unha subvención sempre e cando a actividade que se subvencionaría non estea financiada por ese convenio e non recibise subvención na convocatoria ordinaria.

Coa aprobación desta medida, o Concello reforza o seu compromiso co tecido deportivo da cidade, ampliando a rede de axudas a entidades deportivas con sede no municipio e cumprindo co obxectivo do Goberno de Inés Rey de acadar un modelo de cidade máis activo, saudable e referente en actividades deportivas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión