Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2017

O Concello asina coa Deputación un convenio para ampliar as actividades musicais e formativas da OSG e achegalas a máis concellos da provincia

O alcalde salientou esta mañá a “clara vocación, non só metropolitana senón tamén provincial, da orquestra, unha das institucións máis importantes da cidade polo seu prestixio e a súa excelencia” e reclamou maior apoio do Goberno central

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá un convenio de colaboración entre o Consorcio para a Promoción da Música e a Deputación para financiar o programa de actividades da Orquesta Sinfónica de Galicia durante este ano 2017, un acordo que, como destacou o rexedor, inclúe actuacións da OSG pero tamén da Orquesta Nova e da de Nenos, do Coro da OSG e de Música de Cámara, ademais de proxectos didácticos, a través dunha achega dun máximo de 1,5 millóns de euros por parte da Deputación. "É importante que a Deputación continúe co seu compromiso, dado que tanto o Consorcio para a Promoción da Música como tamén a OSG son institucións non só da cidade, senón cunha clara vocación metropolitana e tamén, claramente provincial, xa que se achegan a moitos concellos, vilas, e son quen de irradiar o nome  da cidade e da provincia alí onde vai a orquestra, co seu prestixio e a súa excelencia", valorou durante o acto, onde estiveron presentes o presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, e a vicepresidenta, Goretti Sanmartín. Neste sentido, o convenio inclúe o financiamento das actividades, tanto no que teñen que ver con concertos en cidades como Santiago ou Ferrol, pero tamén noutras localidades da provincia, e igualmente os programas formativos e educativos no conxunto da provincia.

"Temos que seguir nesta liña de potenciación do que é unha das institucións máis importantes da Coruña, como estamos facendo por múltiples vías", indicou o primeiro edil, en relación a este convenio para potenciar a actividade da OSG e as actuacións desenvolvidas polo Concello, a través do Consorcio, "para que a sede actual da OSG, o Pazo da Ópera, recupere as condicións de calidade e dignidade que non debería ter perdido nunca". "Aínda que a maior achega económica ao Consorcio faina o Concello, é moi positivo que outras institucións amosen un compromiso claro, coma neste caso a Deputación, un apoio que debe ter un retorno, a través da formación das nenas e nenos de toda a provincia, e achegando as actividades a diversos lugares", indicou durante o acto de sinatura. Do mesmo xeito, Ferreiro reclamou que tamén o Ministerio de Cultura volva estar "á altura do que merece esta actividade, como estivo noutras épocas".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión