Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xullo de 2017

O Concello avanza no proceso de limpeza da Pasaxe con traballos de recollida de residuos e a demolición de 17 construcións en desuso

A concelleira de Medio Ambiente, María García, salienta o traballo que as distintas áreas municipais desenvolven no asentamento, tanto a nivel ambiental como social e de acompañamento cos e coas residentes, dentro do Plan de Acceso a un Hábitat Digno

O Goberno municipal inicia na semana que entra unha nova fase do proceso para de limpeza da zona da Pasaxe, que xa comezou  na primeira metade deste ano coa demolición da antiga nave de La Toja e a recollida dunhas 3.700 toneladas de residuos de material de obra e refugallo de distinto tipo nunha zona de 4.300 metros cadrados en sucesivas intervencións. Tal e como indica a concelleira de Medio Ambiente, María García, os traballos se retomarán a partir de mañá e comezarán coa retirada de residuos nas zonas de maleza do sector que xa foi limpado nos meses previos, e que quedan entre as vivendas, co obxecto de retirar restos de construción e demolición, neumáticos, madeiras, materiais plásticos ou de illamento, vidros, voluminosos ou aparatos radio-eléctricos e pezas metálicas, entre outros. Do mesmo xeito, a nova actuación contempla a demolición de 17 construcións que xa están desocupadas, a través do proceso social e de acompañamento que se está desenvolvendo coas familias dentro do Plan de Acceso a un Hábitat Digno que o Concello ten en marcha coas persoas habitantes neste ámbito, para buscar solucións habitacionais duradeiras para as persoas residentes neste asentamento precario e traballar tamén no eido educativo, laboral e da saúde.

Como lembra a titular de Medio Ambiente, o labor que o Concello desenvolve no asentamento estase a realizar de maneira coordinada desde as distintas concellerías implicadas, o equipo especializado creado a esta fin e tamén a Policía Local, "sempre tendo en conta a perspectiva da realidade social dos e das habitantes e do traballo cara á plena  integración que ten que impulsar o Concello". Neste sentido, tamén pon de relevo o traballo de formación  que se leva a cabo cos e coas residentes no ámbito da xestión dos residuos, con campañas sobre separación de orgánico e inorgánico, e de uso do 'ecocubo' para as cociñas e, do mesmo xeito,  para vincular a xestión de residuos con iniciativas de economía social, encamiñadas tamén á inclusión sociolaboral de colectivos desfavorecidos como o que conforman as persoas residentes na Pasaxe, a través da profesionalización da súa actividade.

Esta nova fase de traballos, segundo apunta a responsable municipal, teñen un importe de 80.000 euros, 58.344 euros para a retirada de residuos e 21.780 para os labores de demolición, que requirirán como traballo previo da desmontaxe das placas de fibrocemento coas que contan a maior parte delas, e que requiren da intervención dunha empresa homologada pola Xunta.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión