Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2017

O Concello celebrará do 3 ao 8 de outubro a XII Semana de Prevención de Incendios

A praza de María Pita acollerá durante toda a semana actividades formativas para persoas adultas e menores e unha exposición de vehículos de Bombeiros, ademais de ofrecer un servizo de atención permanente de consultas sobre seguridade en caso de lume e visitas a centros escolares

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, -que ten delegadas as competencias municipais en materia de seguridade cidadá- inaugurarán o vindeiro martes, 3 de outubro, a XII Semana da Prevención de Incendios da Coruña, unha iniciativa que busca sensibilizar sobre prácticas seguras e poñer en coñecemento da veciñanza de todas as idades materiais e accións a realizar ante posibles situacións de risco por lume. O programa, que ten na praza de María Pita o centro das actividades, inclúe unha exposición permanente de vehículos antigos e actuais do servizo de bombeiros -que se poderá visitar durante todas as xornadas da semana, en horario de 09.00 a 21.00 horas-, charlas informativas, atención permanente a consultas e actividades infantís, ademais de visitas en distintos centros escolares da cidade, nas que se dará conta das principais medidas de seguridade no ámbito escolar e se formará ao alumnado e profesorado en técnicas como o manexo de extintores, evacuación ou sinalización de emerxencia, entre outras materias. Durante todas as tardes haberá en María Pita actividades interactivas na 'Casa de Fumes', unha instalación onde se realizarán simulacros e accións prácticas pensadas para menores e persoas adultas, e charlas abertas a todos os públicos sobre incendios domésticos, manexo de extintores, reanimación cardio-pulmonar básica ou pautas a seguir en caso de accidente de tráfico. No mesmo emprazamento, o persoal do servizo municipal de Extinción de Incendios e Salvamento atenderá ao público que se achegue para resolver dúbidas sobre prevención, normativa ou calquera outra cuestión relativa a seguridade en incendios.

As actividades comezarán o propio martes, día 3, no centro cívico da Cidade Vella, cun curso teórico-práctico sobre plan de autoprotección dirixido a persoal municipal, e unha visita do persoal do servizo de bombeiros ao centro María Barbeito, ademais da presentación pública a cargo do alcalde e a concelleira responsable da área de Seguridade Cidadá. Ao longo da semana haberá tamén visitas ao Curros Enríquez, Nosa Señora do Rosario e María Pita, ao tempo que polas tardes, e durante todo o día durante a fin de semana, continuarán as accións divulgativas na praza de María Pita.

Toda a información estará dispoñible na web municipal de Seguridade Cidadá: 

Semana de Prevención de incendios

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión