Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xullo de 2015

O Concello chama aos propietarios de fincas a extremar as precaucións para minimizar o risco de incendios

A Concellería de Medio Ambiente intensifica o control sobre a limpeza das parcelas públicas e privadas ante a previsión dun verán especialmente seco

A Concellería de Medio Ambiente, ante a previsión dun verán especialmente seco, solicita a colaboración dos titulares de parcelas para o seu mantemento en condicións de seguridade e evitar emerxencias, especialmente nas áreas máis rurais do municipio, como Feáns, Mesoiro, a contorna da avenida da Pasaxe, Monte Mero, Eirís, Monte das Moas, San Pedro de Visma, Bens, Cances, A Moura, Mazaido, A Silva, O Portiño, Nostián, Martinete e o Birloque, entre outras.

O departamento municipal está a reforzar o control da limpeza dos espazos públicos e privados, notificando por escrito e con carácter urxente aos titulares das parcelas de maior risco a necesidade de rozar e eliminar a vexetación combustible. As particulares circunstancias meteorolóxicas que se están a vivir este ano incrementan o risco de incendios forestais. De feito, nos últimos días tiveron lugar xa varios episodios de diferente magnitude na zona da Zapateira.

O servizo de inspección medioambiental detectou a necesidade de actuar con carácter inmediato dado o alto risco de incendio, o que lexitima que a administración teña que adoptar unha orde de execución con omisión do trámite de audiencia previa, ao ser patente o perigo para a seguridade das  persoas. O proceso prevé a incoación de multas coercitivas de 300 a 6.000 euros no caso de non executarse os traballos no tempo previsto.

O incremento do control que se está a desenvolver desde o Concello súmase ás tarefas xa realizadas ata o momento: ao longo de 2015 notificóuselles aos titulares de 210 parcelas a necesidade de executar traballos de roza.

 

 



Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión