Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de marzo de 2021

O Concello colabora co proxecto de investigación sobre música tradicional galega de Raül Refree

Inés Rey recibiu hoxe en María Pita ao músico e produtor de, entre outras, Rosalía ou Mala Rodríguez, que desde A Coruña establecerá unha relación de traballo con músicos locais “O Concello vai estar alí onde se poña en valor a cultura local, tamén no terreo da investigación e a innovación, con apoio aos procesos creativos”, indica a alcaldesa

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu hoxe no pazo de María Pita ao músico e produtor Raül Refree, que se instalará uns días na cidade para iniciar un proxecto de investigación sobre a música tradicional galega que conta co apoio do Concello. Refree, produtor musical de gran prestixio -lanzou ao éxito a carreira de Rosalía e traballou con artistas como Mala Rodríguez, Silvia Pérez Cruz ou Christina Rosenvinge- permanecerá unha semana na cidade, onde manterá reunións con varias persoas referentes da música tradicional galega para coñecela en profundidade e estudar as súas posibilidades creativas.

Algúns deses encontros celebraranse en dependencias municipais, como o Aquarium Finisterre ou o Castelo de Santo Antón. "O Concello vai estar alí onde se poña en valor a cultura galega e as/os artistas da cidade", sinalou a alcaldesa, tamén responsable directa da área de Cultura. "Xuntar a Raül Refree con músicos tradicionais da Coruña supón abrir unha porta á innovación e á investigación na música galega, así como a súa visibilidade. Son conceptos que encaixan perfectamente dentro das nosas políticas culturais, que tamén queremos que poñan o foco no apoio aos procesos creativos", engadiu Inés Rey, que valorou positivamente "o regreso da actividade cultural segura, como a que se volve desenvolver nos teatros e nos museos municipais e que esperamos poida seguir crecendo así como o permitan as normas sanitarias".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión