Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2015

O Concello colabora co proxecto Movilab

O Concello da Coruña colabora con esta iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), Red Eléctrica de España, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundació Padrosa.

Do 22 ao 25 de setembro visitará a nosa cidade o laboratorio móbil (MOVILAB) para realizar obradoiros científicos gratuítos. O Concello colabora na difusión desta iniciativa cuxo obxectivo é o de fomentar a cultura da ciencia, implicar aos cidadáns na actividade científica e fomentar as vocacións científicas entre os máis novos.

MOVILAB atópase instalado no tráiler dun camión que se estacionará no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), na Praza do Museo Nacional, 1.

Os obradoiros van dirixidos a alumnos de 5º e 6º Primaria, Secundaria e Bacharelato, teñen unha duración de 45 minutos e en cada quenda haberá un máximo de 30 alumnos que realizarán dous obradoiros. O número de actividades a realizar por cada centro está limitado. Fóra do horario escolar estarán abertos tamén ao público en xeral.

Todos os interesados en acudir deben comunicalo canto antes á Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) (Tfno. 91 425 18 26 / proyectomovilab@fecyt.es) para reservar centro, curso e nº de alumnos.

Atópanse a disposición do profesorado unhas fichas para traballar a actividade, antes e despois da visita, en www.proyectomovilab.es, coas que sacar un maior rendemento á experiencia.

Na páxina web www.proyectomovilab.es, sección talleres, pode consultar toda a información dispoñible sobre este laboratorio sobre rodas.

Documentos:

dosier_movilab_2015-ColegiosCoruna.pdf (970 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión