Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de febreiro de 2025

O Concello colabora coa asociación Mobi-liza na volta á actividade da Escola da Bici, que oferta cursos de mobilidade responsable ideados para todas as idades

Máis de 300 persoas participaron o ano pasado nesta iniciativa. Case un 60% delas, nenas e nenos

O Concello colabora coa asociación Mobi-liza na volta á actividade da Escola da Bici, unha iniciativa orientada ao fomento da mobilidade responsable a escala interxeracional a través de cursos formativos para todas as idades.

Neste sentido, neste mes de febreiro haberá un total de nove sesións -cinco para persoas adultas e outras catro para nenas e nenos-. A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, puxo en valor os enfoques específicos dos cursos, con diversas opcións para distintos niveis. Por exemplo, en iniciación, para que a rapazada adquira un equilibrio dinámico sobre a bicicleta e dea as súas primeiras pedaladas. "Tamén se fomenta a aprendizaxe en materia de seguridade viaria", apuntou Díaz, e unha introdución á mecánica básica.

Os cursos terán lugar no patio interior do Centro de Baixa Esixencia, situado no número 10 da avenida de Labañou. Cada módulo durará entre catro e seis horas, cun custo de 15 euros. As persoas interesadas en inscribirse xa poden formalizar a súa solicitude a través da páxina web de Mobi-liza ou nesta ligazón.

Máis da metade das persoas participantes no 2024 foron nenas e nenos

No ano 2024 desenvolvéronse 64 cursos da Escola da Bici, dos que 37 estiveron orientados ao público adulto e outros 27 á infancia.

En total, rexistráronse 517 inscricións de 318 persoas, xa que houbo participantes que asistiron a un ou máis cursos. Noemí Díaz destacou a implicación das novas xeracións nos cursos formativos, xa que, do total das inscricións, un 57% correspondeuse a nenas e nenos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión