10 de xaneiro de 2016
As clases deste programa de posgrao, que comezarán o próximo 22 de xaneiro e rematará en xullo, realizaranse na súa maioría nun espazo da Casa Museo Casares Quiroga, cedida para tal fin polo Goberno municipal
O Concello da Coruña, a través da Concellería de Culturas, Deport e Coñecemento, colabora na III edición do Máster de Comunicación Deportiva que realiza a empresa Aventi xunto coa Asociación da Prensa da Coruña. O Goberno local cede para o desenvolvemento das clases, que se iniciarán o próximo 22 de xaneiro e que se estenderán até o mes de xullo, un espazo na Casa Museo Casares Quiroga e ademais convoca dúas bolsas que cobren o 50% do prezo de matrícula. Estas prazas, subvencionadas polo Concello, deberán solicitarse á propia Aventi no teléfono 881 120 509.
O Máster en Comunicación Deportiva, para o que aínda está aberto o período de inscrición, baséase na ensinanza aos e ás alumnas de coñecementos no ámbito da comunicación deportiva, así como claves na organización e estrutura das institucións do ramo, atendendo a diversos soportes como son prensa escrita, radio, televisión e medios dixitais. Este posgrao conta ademais con bolsa de prácticas profesionais en medios, institucións e empresas deportivas e clubs.
As bolsas convocadas polo Concello están especialmente dirixidas a estudantes e persoas licenciadas en Xornalismo ou outras ramas da Comunicación, Publicidade e Relacións Públicas, INEF e Ciencias do Deporte e da Educación Física, Económicas, Empresariais ou ADE, así como traballadores e profesionais de empresas deportivas, clubs ou institucións deste tipo.
O citado máster, que se desenvolve na cidade da Coruña, é unha referencia do seu ámbito en Galicia. Máis información, na dirección web http://aventi.es/web/master-en-comunicacion-deportiva/.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible