16 de febreiro de 2016
A Concellería de Medio Ambiente promoveu xa a colocación de case o 40% dos dispositivos de recollida previstos
O Goberno da Coruña comezou este martes coa segunda fase de implantación dos novos contedores que promoven e facilitan a recollida diferenciada de roupa usada e materiais téxtiles. O pasado xaneiro, a Concellería de Medio Ambiente deu luz verde a este ambicioso programa que pretende colocar os dispositivos por toda a cidade para permitir que a cidadanía deposite neles este tipo de residuos. A primeira fase comezou coa instalación de 22 depósitos en espazos municipais da cidade --principalmente en centros cívicos e mercados municipais--. Nesta segunda fase, que comeza hoxe, abordarase a instalación doutros 25 contedores máis, tamén ubicados especialmente no entorno de centros cívicos e municipais.
O convenio, que se desenvolve a través dun programa coa entidade Padre Rubinos contempla a colocación dun total de 125 contedores, dos que xa se levan implantado case o 40%, sendo a previsión a de que no mes de xuño se alcance o 60%. Posteriormente, a Concellería de Medio Ambiente iniciará un período de revisión e seguimento da actividade en cada contedor, á fin de poder establecer melloras ou resolver demandas da cidadanía --se é que fose preciso-- antes de abordar a instalacións dos seguintes.
“O Concello quere potenciar este tipo de recollida diferenciada, que ten unha grande calidade na separación e que, sobre todo, está servindo para introducir socialmente a persoas con necesidades de reincorporarse ao mercado laboral”, indicou a concelleira responsable de área de Medio Ambiente, María García. “É necesario aproveitar este tipo de residuos valorizables, que revisten interese económico, para acadar unha maior igualdade e maior inserción laboral na cidadanía”, dixo.
En concreto, os novos contedores se ubicarán nos seguintes puntos:
Antiga Instalación de Padre Rubinos
Rúa Nova /Rúa Vella
Praza dos Ángeles
Centro Cívico Eirís
Juan Díaz Porlier/Luciano Yordi de Carricarte
Rúa José Luis Bugallal Marchesi/Rúa Salvador y Merino
Centro Cívico Novonoandanza
Barrios dos Pescadores
Biblioteca Municipal Sagrada Familia
Centro Cívico San Pedro de Visma
Rúa da Haya/U.P. Valoire
Avenida Finisterre/San Pedro de Mezonzo
Centro Cívico Labañou
Casa da Auga/Estadio de Riazor
Santa Gema/Luis López Casanegra
Catro Camiños/Alexandre Bóveda
Praza de Galicia
Caleixón da Estacada/Avenida da Mariña
Rúa Isabel López Gandalla/Rúa Maestranza
Nosa Señora da Luz/Ronda de Outeiro
Futura Avenida de Oza (General Sanjurjo) 200/Mirador dos Castros
Rúa Roberto Tojeiro Díaz/Cubela
Rúa San Vicente/ Ramón Cabanillas
Rúa Nicaragua/Enrique Dequidt Hevia
Pablo Picasso/Alexandre Von Humbolt

27 de outubro de 2025

21 de outubro de 2025

6 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible