23 de xullo de 2026
O Goberno de Inés Rey promove esta intervención ao abeiro do Plan de accións de mellora que se está a executar nos centros educativos públicos da Coruña durante este verán, cun investimento de 720.000 euros
O Concello avanza co Plan de accións de mellora previsto nos centros educativos públicos da Coruña durante este verán, con actuacións xa rematadas en colexios como o Concepción Arenal, onde estes días completouse a renovación do parque infantil que hai no patio.
O investimento do Executivo local foi de 70.000 euros, e permitiu adaptar o recinto ás necesidades actuais do alumnado do CEIP, ademais da incorporación de novos equipamentos de xogo, como unha torre multifunción e bambáns. Tamén se remodelou a superficie para incrementar a capacidade que había anteriormente.
Tras a intervención, a área infantil pasa a ser de 173 metros cadrados, cun novo firme de caucho habilitado estes últimos días, e que como vén sendo habitual nas intervencións promovidas polo Concello, está configurado con cores diferenciadas, unha medida formulada por entidades sociais co obxectivo de axudar as nenas e nenos a desenvolver habilidades cognitivas e sensoriais cunha perspectiva inclusiva.
Tal e como indicou a alcaldesa, Inés Rey, o obxectivo era que a nova área infantil estivese operativa e aberta ao uso das alumnas e alumnos de cara ao vindeiro curso 2026-27. Neste sentido, a actuación no parque infantil do Concepción Arenal é froito do traballo conxunto entre as áreas municipais de Infraestruturas e Educación, en colaboración co equipo directivo do colexio.
Só durante este verán, o Concello destinará 720.000 euros para actuar en 25 colexios, centros de educación especial e escolas infantís municipais da cidade, onde se acometerán medio cento de intervencións de mellora. Estas intervencións súmanse ás que xa se executan ao longo do ano a través do contrato de mantemento e conservación que sufraga o Concello. Neste primeiro semestre do 2026, máis dun milleiro.

22 de xullo de 2026

18 de xullo de 2026

15 de xullo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible