19 de marzo de 2026
O Goberno de Inés Rey avanza coa súa folla de ruta no distrito, onde tamén está en marcha a primeira fase de humanización de Ángel Rebollo, cun investimento de 1,5 millóns de euros
A primeira fase do Plan de barrios 2025-27, unha iniciativa impulsada polo Concello co obxectivo de lles dar resposta ás necesidades existentes en todos os distritos da cidade, suma unha nova actuación en Monte Alto, onde se reurbanizou a rúa Valencia co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade.
Os traballos, executados en dúas fases, consistiron na súa transformación en plataforma única, con pavimentos renovados e diferenciados na beirarrúa e na calzada, visibilizando así os espazos de paso peonís e o percorrido específico dos vehículos. Ademais, tamén se aproveitou a intervención para modernizar a rede de saneamento na rúa. Nos vindeiros días, as tarefas completaranse cos derradeiros detalles de sinalización e pintado.
"Pola súa configuración urbanística e o estreito de moitas das súas rúas, Monte Alto é un barrio que esixe un encaixe moi específico á hora de intervir sobre espazos públicos que, en puntos determinados, están moi comprimidos. Gañar accesibilidade universal é unha prioridade e, no caso da rúa Valencia, ata agora había treitos de beirarrúa nos que practicamente era inviable pasar cunha cadeira de rodas ou un carriño das crianzas", razoou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.
A edil puxo en valor esta actuación, que permite darlle continuidade á folla de ruta do Goberno de Inés Rey no distrito, onde tamén están en marcha os traballos para humanizar a rúa Ángel Rebollo, cun investimento de 1,5 millóns de euros. As obras, que arrincaron a semana pasada e viven a súa primeira fase, están en marcha actualmente no treito entre Arcebispo Gelmírez e Ramón del Cueto.

18 de marzo de 2026

15 de marzo de 2026

11 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible